A actividade consta de dúas partes. A primeira consistirá no visionado da película Elemental, de Pixar. A continuación, Patricia Barciela, directora do museo científico Domus, ofrecerá un espectáculo ameno e divertido analizando a través de experimentos atractivos e rechamantes a base científica do que nos ofrece a película.
Divulgadores de primeiro nivel, achegarannos á Ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos cos neuorcientíficos Xurxo Mariño (Orbita Laika, gañador de premio prismas 24 ao mellor libro de divulgación) e Casto Ribadulla (divulgador experto en neurociencias autor do libro A que cheiran as cores?), a xornalista, sexóloga e divulgadora Laura Veiga (responsable do proxecto Pingando, centrado na menstruación e a educacion sexual), a experta en bioloxía, beurociencia e saúde, Tamara Pazos (creadora do podcast “Un humano por persoa “ e autora de “Este libro farache vivir máis”) e a doutora en química e divulgadora Deborah Ciencia.
O arqueólogo e divulgador Xurxo Ayán achegaranos ao mundo da arqueoloxía nunha charla desenfadada e apaixonante,
Unha conversa aberta na que Eva Vázquez (directora A3 Galicia) e a sexóloga Laura Morán (Orbita Laika, Naukas) dialogan sobre a sexualidade humana e a súa complexidade.