Evento de comunicación científica

Coruña Comunica Ciencia

Xoves 12

Mañá

Un mundo de fantasIA: guía de supervivencia dixital | 10:30 - 11:50h

Unha charla dinámica e divertida da man do experto en ciberseguridade Kike Fontán, na que analizaremos os supostos “superpoderes” da intelixencia artificial… e os seus riscos reais.

A través do humor, cancións, robots, unicornios e algunha chiscadela a Black Mirror, reflexionaremos sobre: Que pode e que non pode facer a IA, desinformación, bulos e pensamento crítico e o papel da tecnoloxía na nosa vida cotiá

Tarde

Pílulas Científicas | 17:30 - 19:30h

Divulgadores de primeiro nivel, achegarannos á Ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos co profesor e divulgador Xacobo de Toro (XeoClip e Meteoxenios), o físico e divulgador Dosi Veiga (Ceos Galegos), a veterinaria e divulgadora Eva Cabanelas (Ciencia Calidade, Xuvenciencia e Xuvenlab), a experta en IA Alba Meijide, e a directora do IIM CSIC Beatriz Novoa

Noite

Charla con Diego González | 20:00 - 21:00h

O cirurxián Español Diego González Rivas loita contra o cancro de pulmón e outras patoloxías en hospitais do mundo enteiro. A súa revolucionaria técnica UNIPORTAL permite operar dentro da cavidade torácica a través dunha pequena incisión intercostal ou subxifoidea usando cirurxía toracóscopica (UNIPORTAL VATS) ou cirurxía robótica (UNIPORTAL RATS)

Hacking para adultos: A túa torradora espíate | 21:00 - 22:00h

Sesión especial sobre hacks reais a obxectos que nunca deberon estar conectados: xoguetes de nenos, xoguetes de adultos, coches, casas... persoas?. Usar bluetooth barato, IoT cutre e malas decisións técnicas sempre acaba en situacións moi incómodas.

En resumo: risas, horror e algunha que outra lección sobre ciberseguridade e por que hai límites que a tecnoloxía non debería cruzar.