Evento de comunicación científica

Coruña Comunica Ciencia

Mércores 13

Mañá

Mundos inseguros | 10:30 - 11:50h

Da man do experto en seguridade informática Kike Fontán, descubriremos os segredos da seguridade informática e os riscos aos que nos expoñemos tanto en redes como en páxinas web polo noso descoñecemento.

Tarde

Obra teatral Halley | 17:00 - 17:50h

Quixese pedir un desexo, quixese poder verche algún día, quixese saber se me acordarei, se estarei preparado para verche e se o día que nos atopemos sexa capaz de dicir que son quen realmente quero ser. HALLEY é unha viaxe da man do cometa no que diferentes historias entrecrúzanse . Unha nena que fai estrelas con papel prateado, un concurso, un paseo pola praia… É unha viaxe para coñecelo e coñecerse a un mesmo. Desde o momento no que lin “O cometa Halley” de Isaac Asimov, a idea de contar unha historia ao redor súa roldábame a cabeza. Teatro e ciencia xuntos nun mesmo monólogo. Como funcionan?, Que son?, Como inflúe o cometa nas vidas destes personaxes? Obra gañadora do segundo festival D'ensayo.

Híbrido arte e ciencia con Estíbaliz Espinosa | 18:30 - 19:00h

Cantante, escritora, comunicadora científica, Estíbaliz é licenciada en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica. Nesta charla-recital cantaremos e celebraremos a fascinante conexión entre cosmos, creatividade lingüística e expresión artística. A través dunha odisea transdisciplinar, descubriremos cantos para os astros, poemas para materia escura entrelazándose de xeito profundo y significativo, como fotóns a grandes distancias. A musa Urania, símbolo da astronomía e a lírica da ciencia, nos alumeará neste percorrido, revelando cómo o estudo do universo inspira a poetas e músicos ao longo do espazo e do tempo.

Noite

Ciencia Cidadá - Sensogenómica | 20:00 - 21:15h

Da man de Antonio Salas, director o proxecto Sensogenoma e o pianista Juan Carlos Cambas, adentrarémonos nas bases xenéticas da nosa paixón pola música. Música, xenética e ciencia cidadá danse a man nun proxecto apaixonante.

Teatro. A chispa máxica | 21:30 - 22:30

Un pianista, un actor e un comunicador da ciencia súbense ao escenario para contar (e cantar) a historia dun pioneiro, dun home que vivía no futuro. Porque o mundo mudou cando a noite foi barrida da terra. “A Chispa Máxica” estreouse en 2023 no Teatro Zorrilla de Valladolid no evento Naukas Valladolid. Este espectáculo concibiuse como unha sorte de “piano-bar” onde conflúen a comedia stand-up, o teatro e a música. É unha creación a 6 mans de Manuel Vicente, o director de Efervesciencia na Radio Galega, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. “A chispa Máxica” conta coa colaboración da Fundación Fernando Blanco de Cee.