Evento de comunicación científica

Coruña Comunica Ciencia

Venres 13

Mañá

A metade invisible da Ciencia

Con motivo da Semana da Muller e a Nena na Ciencia, este espectáculo, a cargo de David Ballesteros e Iria Ollero, propón un percorrido áxil e sorprendente pola historia da ciencia a través de grandes científicas que transformaron o noso coñecemento do mundo, achegándonos de forma crítica á súa escasa visibilidade e recoñecemento.

A actividade acompáñase de experimentos espectaculares, conectando os seus descubrimentos coa parte máis visual, divertida e emocionante da ciencia.

Tarde

Radio. Gravación Efervesciencia | 17:00 - 18:00h

Manuel Vicente e o seu programa de radio Efervescencia son un dos grandes referentes nacionais en comunicación científica. Os asistentes a actividade poderán gozar da gravación e directo o programa, e participa nela de forma activa.

Charla con Rocío Vidal | 18:00 - 19:00h

Noite

Charla con Marcos Pérez | 20:00 - 20:45h

Charla: "El espejismo de la mayoría" | 20:45 - 21:45h

Con Eduardo Sáenz De Cabezón. As matemáticas poden axudarnos a entender o noso comportamento colectivo, tamén en redes sociais. A estrutura das redes e os algoritmos que regulan a información que recibimos e enviamos fan que ás veces se dean fenómenos inesperados, non sempre positivos. Coñecelos pode axudarnos a ter unha mellor experiencia de acceso ás redes sociais. E neste empeño, as matemáticas son un aliado insubstituíble.

El arte ha muerto ¿otra vez?: La ilusión de la creación musical | 21:45 - 22:30h

Coa compositora e experta en IA Sofía Oriana